quarta-feira, 28 de outubro de 2020

SORTILEXIO DE TORQUES









A ti, meu amigo

que así é como te percibo.
A ti, que me pretendes
con versos bensentidos,
con rosas de namorar,
con sortilexio de torques
e viaxe de agarimo.
A ti, meu amigo,
que non me faltes, solo pido.
Que este NON que eu pronuncio
non te manque.
Que de meu lado non te afaste.
Que sexa perenne teu latido
nunca lonxe do meu camino.
A ti, benquerido,
druída,
poeta,
branco e tinto,
que apareces de improviso
e pretendes un SÍ o unísono,
cando menos eu o preciso.
Non quixera dotarte de corazón malferido.
Non quixera soterrarte no carreiro do olvido.
Minas ás, xa grandes, non precisan cautivo
se non ar libre no que voar ao meu ritmo.
Amigo, preciso.
Amante, lonxe e esquivo.
 

│PEPA ÁLVAREZ GÓMEZ , in POETAS DO REENCONTRO, Colleta de Poesía Galaico-Lusa 2019 (Punto Rojo, 2019)
│Fotografia: Looking Outside, de Kinga Cichewicz
 

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Caso queira, comente!